A empresa Pintunova e o Seis do Nadal – Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018

O ano 2018 comeza con boas noticias para o Seis do Nadal sumando un novo patrocinador: Pintunova
Por o 08/01/2018 | Sección: Baloncesto,Deportes
A empresa Pintunova e o Seis do Nadal – Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal – Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018, no cal a empresa galega de pinturas convértese en patrocinador da entidade.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Avenida Fragoso 42-44, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración para o presente curso.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino “C” do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina 2017/18, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!