Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde acaban de pecharse na consellaría de Sanidade

Demandan da Xunta que adquira o centro hospitalario para garantir a cobertura sanitaria pública na área de Vigo
Publicado por o día 22/10/2019 na sección de CIG,Galicia,Protestas,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde acaban de pecharse na consellaría de Sanidade

Membros do comité de POVISA e da CIG-Saúde permanecen pechados na Consellaría de Sanidade, en San Lázaro, para manifestar o seu rexeitamento á compra, por unha contía mínima, do centro hospitalario por parte da aseguradora estadounidense Centene e denunciar a perda de oportunidade da Xunta de adquirir POVISA por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo.

Exixen ante isto ser recibidos polo conselleiro, á quen a CIG xa lle solicitou unha reunión o pasado 8 de outubro que segue sen ter resposta, porque a compra de POVISA por parte de Sanidade permitiría garantir unha prestación a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados.

De xeito paralelo ao encerro, un grupo de delegados e delegadas da CIG-Saúde permanece concentrado diante do edificio da Consellaría de Sanidade en San Lázaro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.