Memoria en rede chega aos centros Sur e Leste, Monte Porreiro e Salcedo

Publicado por o día 22/10/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

Memoria en rede chega aos centros Sur e Leste, Monte Porreiro e Salcedo

O Concello de Pontevedra continúa co programa Memoria en rede que naceu coa idea de conectar dous mundos que, en principio, non teñen nada que ver. Por unha banda o futuro e o presente, coas novas tecnoloxías como eixo central e fío condutor e, por outra, a recuperación da memoria, en sentido amplo: historias, lendas, vivencias, vidas…

Nesta ocasión o programa impartirase no Centro Sur, Centro Leste, Monte Porreiro e Salcedo. Todos terán unha duración de oito semanas.

• No Centro Sur, o programa comezará o xoves, 26 de outubro, e impartirase os martes e xoves de 18.45 a 20.45 horas.
• En Salcedo, o curso tamén comezará o día 26 de outubro e impartirase os martes e xoves de 16.00 a 18.00 horas.
• No Centro Leste, o curso comezará o venres, 27 de outubro e impartirase os venres de 11.00 a 12.30 horas.
• En Monte Porreiro, o inicio do curso será o 27 de outubro e impartirase os venres de 17.00 a 18.30 horas.

As inscricións faranse no 3º andar do Concello (Michelena, 30) ou chamando ao teléfono 986.804300 (ext. 7101)