Menos excusas, en Pontevedra a compostaxe tamén funciona

Dende Amigos da Terra, celebramos a aposta decidida do Concello e Deputación de Pontevedra por un modelo de xestión de residuos, alternativo ao fracasado modelo Sogama e vemos con preocupación como a estratexia de batallas políticas, lonxe de convencer aos veciños das bondades desta proposta, non fai máis que confundilos.

Por qué unha oportunidade se ve como unha ameaza?

Na ultima semana foron múltiples as novas sobre a nova planta de compostaxe programada. Dende esta organización, vemos con preocupación a imaxe negativa que se está transferindo a un proxecto que , ben xestionado, non ten máis que aspectos positivos e pensamos que as Administracións, teñen a responsabilidade de informar e facer partícipe a cidadanía desta iniciativa, dandolles a coñecer as súas vantaxes e inconvintes, recollendo propostas e evitando así posibles rexeitamentos, en moitas ocasións, por falta de coñecemento. Esta estratexia, lonxe de convencer aos veciños, non fan máis que confundilos.

Menos gastos e mais emprego:

A experiencia demostra que a compostaxe incide directamente na baixada de custes e na creación de emprego, así queda demostrado no informe elaborado por Amigos da Terra Europa “More jobs, less waste”, (“Máis emprego, menos residuos”) en setembro de 2010, no que se expon que os sistemas de xestion de tratamento de residuos coma as instalacións de plantas de compostaxe e a aposta pola redución en orixe crearíanse dez veces máis empregos por tonelada de residuos que nun sistema coma o que actualmente temos, baseado no vertedoiro e na incineración.

No estado español existen experiencias reais e exitosas como a da Planta de Lousame en Galicia, na que se compostan os residuos de todos os concellos do Barbanza ou plantas coma a do Municipio de Hernani ( Guipuzkoa) , no que se reduciron fortemente os gastos de xestión, creando emprego público para os seus veciños .

Lembramos que a compostaxe, é unha técnica natural de transformación de esa materia orgánica en compost. É un proceso aerobio, polo que os cheiros son mínimos, e o resultado obtido é o compost, unha enmenda orgánica de alto valor ecolóxico.

En Galicia a materia orgánica supón case a metade do lixo que xeramos, materia que diariamente é trasladada a Sogama para ser incinerada, queimando así un valioso recurso para os nosos solos e a nosa agricultura e facendo desprazar centos de camións diariamente ata Cerceda. Existen xa Comunidades como Cataluña, nas que é obligatorio recoller a materia orgánica separada, para a súa posterior compostaxe.

Dende esta organización amosámonos críticos con este proxecto e pensamos que as administarcións deben deixarse de loitas políticas e exercer as súas responsabilidades, abrindo un proceso de información e consulta cidadá, seguido dunha forte aposta pola educación ambiental coa cidadanía”, declara María Durán, responsable da área de Recursos naturais e residuos de Amigos da Terra.

PRENSA AMIGOS DA TERRA

Noticias de última hora en Vigo

amigos da terracompostaxe

SIGUENOS EN TELEGRAM