Mentiras que demostran un descoñecemento total e absoluto da xestión municipal, o argumento de GañaMos para criticar o orzamento de 2018

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, desbanca con cifras e documentos reais as difamacións deste grupo da oposición
Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Galicia,Mos

Mentiras que demostran un descoñecemento total e absoluto da xestión municipal, o argumento de GañaMos para criticar o orzamento de 2018

“Un ano máis e como nos teñen acostumados no Concello dende o Grupo Municipal GañaMos, hoxe fan gala da súa ignorancia facendo pública unha información radicalmente falsa respecto do orzamento para 2018”.

Así se refería esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, á nota de prensa publicada por GañaMos nos medios de comunicación, “chea de mentiras que non fan máis que demostrar o seu descoñecemento, a súa falla de formación e as súas contradiccións”, declarou a rexedora.

En primeiro lugar Arévalo aclarou que “a recadación non está nin inflada nin maquillada, nin lonxe da realidade” e que, a este respecto, tamén “é radicalmente mentira que figure no informe da Interventora a recriminación ao goberno por inflar os gastos”. O que figura no informe de Intervención, documento que se adxunta á presente nota para demostrar a veracidade do aquí exposto, non é un informe desfavorable é unha recomendación de axustar os capítulos de ingresos e gastos aos padróns, ó que a alcaldesa argumentou un cálculo á alza referenciando a estimación dun aumento da recadación tributaria municipal motivada pola entrada en vigor do Plan Xeral, “e á vista está que non vou moi desencamiñada como podemos ver co anuncio da Cidade Deportiva do Celta que se instalará en Mos e todo o que esta instalación suporá”, explica Nidia Arévalo.

En segundo lugar, respecto ao préstamo bancario, a alcaldesa instou a GañaMos que deixen de contradecirse e se aclaren, que as contradiccións en política non son boas consexeiras. “Eles votaron a favor en Pleno dese préstamo que houbo que pedir -por culpa dun erro do Consorcio de Auguas do Louro- para poder realizar unha importantísima obra de saneamento en Tameiga; votan a favor e agora utilizan algo que apoian como arma arroxadiza contra o goberno, algo que é rastreiro e moi perxudicial para eles mesmos xa que a veciñanza, que non é tonta, xuzga e castiga este tipo de comportamentos”.

Por último aclarar que é tamén totalmente falso que haxa 1.174.701,82 euros pendentes de pago do ano 2016. A falsedade dese dato demóstrase tamén no informe de Intervención adxunto que certifica que as únicas obrigas que quedan pendentes ascenden a 77.935,26 euros e que están pendentes única e exclusivamente porque hai aberto un proceso xudicial respecto a esas facturas e o seu pago non está autorizado.

“En definitiva, as contas municipais veñen sendo positivas dende fai anos, con Remanente de Tesourería positivo, Aforro Neto Estimado positivo, Resultado Orzamentario Axustado positivo, e Superávit positivo; e a única forma que teñen de desvirtuar estes resultados dende GañaMos é coa pataleta baseada na mentira”, di a rexedora local. Pataleta que se comproba con afirmacións públicas do tipo “no es buena noticia tener que endeudarnos por la incapacidad del PP de alcanzar financiación de otros organismos” cando o Concello de Mos é un dos municipios galegos que máis subvencións tramita e acada.

“Aprendan a xogar limpo señores de GañaMos, fórmense e infórmense; e logo serán quen de criticar a este goberno”, rematou a alcaldesa Arévalo.