O mercadillo de Estribela trasládase ao 31 de outubro

Publicado por o día 23/10/2017 na sección de Galicia,Pontevedra

O mercadillo de Estribela trasládase ao 31 de outubro

A Concellaría de Mercados traslada ao 31 de outubro o mercadillo da praza Marqués de Valterra, en Estribela, porque o día 1 de novembro é festivo.

O cambio obedece ao cumprimento da Ordenanza Municipal Reguladora de Venta Ambulante, que no artigo 8 fixa que cando os días sinalados para a feira coincidan en festivo, a feira ou mercadillo levarase a cabo o día anterior.