Mercado de Sabores é agora Mahou Urban Food Festival

A música e o lecer urbano terán tamén o seu espazo neste evento que contará coa actuación de Sofía Ellar dentro da súa programación, así como DJ sets e talleres gratuítos
Por o 11/04/2019 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Mercado de Sabores é agora Mahou Urban Food Festival
Mahou Urban Food Festival – M.O.F.F.—, antes “Mercado de Sabores”, celebrarase na Estación Marítima de Vigo os días 25, 26, 27 e 28 de abril. Organizado por Mahou, o que é xa un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia, volve a Vigo cunha imaxe totalmente renovada e un concepto que une cervexa, gastronomía e música.
 
Así, M.O.F.F. reunirá en Vigo as propostas gastronómicas de 12 coñecidos establecementos galegos –Intenso (A Coruña), A Horta do Obradoiro (Santiago), Manolo Mañanitas (Cangas), Regacho (Redondela), Taberna Atlántica (Vigo), Mijo (Vigo), María Manuela (Vigo), Garden (Vigo), Pintxoteca Mar (Vigo), A Carpintería (Vigo), Patouro (Vigo) e Adega dás Caldas (Ourense)– que ofrecerán aos asistentes as súas creacións deseñadas especialmente para a ocasión. O último día do evento, un xurado profesional entregará os galardóns á Mellor Tapa e ao Mellor Tiraje de cervexa.
 
Ademais, co obxectivo de ofrecer experiencias de lecer con sabor e mestría cervexeira, algúns dos mellores Cociñeiros Mahou galegos, de restaurantes con Estrela Michelin, ofrecerán showcookings nos que público terá un papel protagonista e participativo.
 

Programación de música e lecer

 
Este ano, no marco de M.O.F.F., Mahou aposta por complementar a oferta de lecer da cidade incluíndo unha programación musical con Sofia Ellar como protagonista, quen ofrecerá un concerto gratuíto e en formato electroacústico o xoves 25, entre outros artistas. Ademais, instalaranse orixinais estacións de DJ que non farán senón sorprender ao público.
 
A cantautora Sofia Ellar con máis de 250.000 seguidores en Instagram, máis de 6.000.000 de visualizacións por canción en YouTube e varios sold out ás súas costas en Madrid, Barcelona ou Galicia traerá ao escenario do M.O.F.F. o seu estilo novo, fresco e diferente. Interpretará os temas dos seus dous discos autoeditados “Seis peniques”, cuxa “Segundas partes entre suicidas” chegou a ocupar o segundo posto de popularidade en Spotify; e “Nota en do”, publicado o ano pasado, do que se extrae “Versión de Covarde” que ocupou un dos 10 primeiros postos da lista de descargas de Itunes.
 
Os asistentes tamén poderán gozar de forma gratuíta de diversas actividades relacionadas co mundo cervexeiro e o lecer urbano nun evento onde a cervexa, a gastronomía e a música únense para compartir experiencias innovadoras coas persoas.
 
 
 

Comentar noticia

Your email address will not be published.