Mércores 11 – Charla: “Do barrio que temos ao barrio que precisamos”

Por o 09/03/2015 | Sección: Cultura
Mércores 11 – Charla: “Do barrio que temos ao barrio que precisamos”

Pechamos as actividades “Coia, espazo cheo de vida” coa charla: “Do barrio que temos ao barrio que precisamos”. Dita actividade, aberta ao público, estará conducida polo historiador Eduardo Rodríguez e celebrarase o mércores 11 de marzo, ás 19 horas, no salón de actos do Instituto “Alexandre Bóveda” (r/Cuntis, Coia – Vigo).

Os nosos barrios son ecosistemas vivos que non só nacen, senón que tamén medran e se transforman, e nese futuro ten moito que dicir a veciñanza. Coia ten tras de si unha dilatada experiencia en loitas veciñais que, nunha situación de crise como a actual, poden servir de espello para ollarnos: saídas colectivas e non individuais, apoio mutuo, recuperación dos espazos públicos como lugares de encontro… O futuro de Coia e dos nosos barrios pasa por seren verdadeiros espazos de vida ao servizo da veciñanza.

Organizan: IES Alexandre Bóveda, roteiroporcoia.es, Espazo Alicerces

PRENSA ESPAZO ALICERCES