Mércores 17 – Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”

Publicado por o día 16/06/2015 na sección de Cultura,ODS Coia

Mércores 17 – Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”

– Presentación do libro: “Renda Básica das iguais e feminismos”. Con Mari Fidalgo (Baladre) e Beatriz Lorenzo (ODS-Coia). Mércores 17 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

A xente de Baladre di que “Renda Básica das Iguais e Feminismos. Da centralidade do emprego á centralidade da vida”nace da“necesidade de identificar os nosos desexos, de buscar as bases nas que queremos soster unhas vidas dignas e plenas, dende o ano 2012 dedicámonos a reflexionar e discutir sobre as contribucións que esta proposta de reparto da riqueza podía ofrecer á loita feminista e viceversa”.

Un libro que é froito da práctica cotiá e da reflexión conxunta, colectiva e horizontal. Feito con amor, coidado, apoio mutuo e moita rebeldía. Demandado cada vez por máis colectivos, non só feministas, onde a pretensión é compartir as experiencias acumuladas durante anos de vida, traballo, loita, enredos e desenredos, nos que a Renda Básica das Iguais vemos que é unha ferramenta igualmente válida para as loitas contra o heteropatriarcado capitalista.

As xornadas están organizadas por: C.C.Árbore, Lapsus, G.A.S., ODS-Coia e Verdegaia.

PRENSA ODS COIA