Concentración nos xulgados en apoio ao compañeira imputado

Publicado por o día 21/04/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

Concentración nos xulgados en apoio ao compañeira imputado

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración en apoio ao compañeiro imputado baixo o lema: Xustiza Social. Nin represión, nin mentiras policiais!

A Asemblea Aberta de Coia convoca unha concentración para mañá, mércores 22 de abril, ás 10h30 perante aos Xulgados de Vigo, con motivo da citación para prestar declaración xudicial de Emilio Suárez, compañeiro da Asemblea, no procedemento aberto contra Diego, acusado falsamente de agredir a un axente de policía local nas protestas da rotonda de Coia.

Aproveitando a declaración de Emilio, facemos a concentración para amosar o noso apoio a Diego e denunciar a espiral de represión e criminalización que estamos a sufrir as persoas e movementos que loitamos nas rúas, a través de montaxes policiais, sancións, mentiras e descualificacións.

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA