Concentración Rotonda de Coia: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas

A Asemblea Aberta de Coia convoca de urxencia unha contrentración esta tarde na rotonda de Coia baixo o lema: Esiximos derereitos sociais non obras faraónicas. Será ás 19:00 na rotonda.

As obras na rotonda van a toda velocidade, semella que Abel Caballero quere telas finalizadas antes do 31 de marzo, data a partir da cal non pode realizar actos de campaña debido á proximidade das eleccións municipais.

Como ven facendo en todo o conflito da rotonda, o goberno municipal pon todos os medios que ten na man -incluso algúns de dubidoso acomodo legal- para levar os seus plans adiante. Iso si, a factura a pagamos todas. Da igual que o gasto sexa motivado pola presenza policial (24 horas desde hai meses) ou por operarios da contrata de mantemento que traballan día e noite para rematar as obras de acondicionamento da rotonda.

Fronte a esta morea de cartos para unha obra faraónica está a esmola que deixan, malia as mentiras e a propaganda, para o departamento de Benestar Social e, en xeral, para as políticas sociais.

Ás denuncias de colectivos sociais e de persoas que sofren a pobreza, sumáronse recentemente as traballadoras dos servizos sociais que falan dun departamento “colapsado”. Por se non abondaba con este clamor o Valedor do Pobo acaba de denunciar o mal funcionamentos dos servizos sociais en Vigo no seu último informe. Algunhas das denuncias son:

  • Atrasos na tramitación de prestacións sociais como a RISGA

  • Incumprimento da legalidade en materia de prazos e criterios de concesión de axudas sociais

  • Cadro de persoal insuficiente

  • Privatización de servizos: albergue, programa de intervención familiar, axuda no fogar…

Por todo isto volvemos hoxe á rotonda, para rexeitar a este malgoberno e a desfeita dunhas políticas que afondan máis na desigualdade e na inxustiza, ao favorecer os intereses dunha minoría que olla impasible como cada día máis veciñas sobre a violencia de non chegar a fin de mes coas necesidades cubertas.

NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

asamblea coiamanifestacion coiarotonda coia

SIGUENOS EN TELEGRAM