“Merenda con pan de millo”

Este sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro ás 18.00 h representarase na Sala Ártika de Vigo “Merenda con pan de millo”.
Publicado por o día 28/09/2017 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

“Merenda con pan de millo”

“Merenda con pan de millo” é un espectáculo de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: “Pinocho”, “Pan de millo”, “O piollo e a pulga”, “Unha vella tiña un can”, “Que cousa, cousiña é?” e “Miña “Abuela Manuela”. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: infantil e familiar
  • Xénero: comedia e canción infantil