A Mesa de Contratación da limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas municipais abriu esta mañá as ofertas das empresas licitadoras

Un total de doce presentáronse ao concurso que entra agora en proceso de valoración e emisión de informe técnico
Publicado por o día 30/03/2017 na sección de Galicia,Mos,Vigo
A Mesa de Contratación da limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas municipais abriu esta mañá as ofertas das empresas licitadoras

A mañá de onte celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a Mesa de Contratación do servizo de limpeza de cunetas, beiravías e marxes nas estradas do Concello de Mos. A Mesa estivo integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a secretaria e interventora municipais; e contou coa presencia tamén do arquitecto do Concello e de representantes dalgunhas das empresas que se presentaron a concurso.

Presentáronse un total de 12 empresas e na Mesa de Contratación de hoxe procedeuse xa a apertura dos dous sobres das súas ofertas, o sobre A (con documentación xeral) e o sobre B (coa proposta económica e a memoria con documentación técnica).

O seguinte paso do procedemento a dar agora é o de valoración das devanditas ofertas e emisión do pertinente informe técnico, tras o cal a administración local emitirá unha proposta de adxudicación e a empresa adxudicataria terá que presentar a documentación requerida. Por último, a adxudicación definitiva será aprobada en Xunta de Goberno Local, tras a que ambas partes procederán á sinatura do contrato.

O obxecto deste contrato, tal e como explicaron a rexedora local mosense e o concelleiro de Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez, é “evitar o efecto prexudicial que a vexetación ocasiona nas estradas, non tan só na vida do firme, polo feito de impedir unha rápida evacuación das augas, senón tamén polas graves dificultades que orixina o tránsito como consecuencia da redución da visibilidade que ocasiona”. Por iso se realiza periódicamente este servizo de mantemento que inclúe traballos de limpeza co fin de proceder á eliminación da vexetación herbácea e arbustiva que medra tanto nas cunetas como nas zonas contiguas.

Arévalo e Pérez remarcaron tamén que “o feito da diminución de ancho da estrada que a vexetación causa ó condutor e a impresión de abandono que un deficiente estado de conservación causa nos usuarios; por iso dende o Concello de Mos consideramos tan importante a prestación deste servizo”.

O municipio de Mos consta de 10 parroquias nas que se acometerán os traballos seguintes:

–          Limpeza de cunetas e marxes de estradas e camiños do Concello de Mos mediante medios mecánicos de pala con carga en camión con transporte de terra sobrante con operarios e medios auxiliares incluíndo sinalización . Incluso limpeza canle pluviais. Incluso xestión residuos.

–          Desbroce e Limpeza de cunetas e marxes de estradas e camiños do Concello de Mos mediante desbrozadora  manual con   operarios e medios auxiliares incluíndo sinalización. Incluso limpeza canles pluviais. Con transporte da terra vexetal e produtos resultantes a vertedoiro. Incluso xestión residuos .

O ámbito de aplicación que se establece inclúe todas as estradas e camiños comprendidos no municipio de Mos con un mínimo de actuación de 400 km. Estes 400 km de camiños do Concello de Mos que se limparán durante a realización do servizo distribúense do seguinte xeito: parroquia de Cela 32 viais 43.545,00 metros, Dornelas 37 viais 29.209,00 metros, Guizán 39 viais 42.254,00 metros, Louredo 39 viais 26.340,00 metros, Mos 65 viais 57.633,00 metros, Pereiras 33 viais 23.576,00 metros, Petelos 38 viais 35.207,00 metros, Sanguiñeda 52 viais 36.246,00 metros, Tameiga 50 viais 52.742,00 metros, e Torroso 60 viais 53.248,00 metros.

Prevese como prazo de execución do servizo 6 meses dende a firma do contrato cunha xornada de traballo de 8 horas ó día de luns a venres.

A empresa adxudicataria deberá aportar a maquinaria e persoal necesarios para realizar os traballos que serán:

1 – Para limpeza de cunetas:

1 camión para transporte de material retirado con operarios e medios auxiliares de sinalización

1 pala mixta con operarios e medios auxiliares de sinalización con diversos cazos adaptados.

1 pala pequena frontal con persoal e medios auxiliares.

1 reto pequena con persoal e medios auxiliares.

1 operario para traballos manuais e medios auxiliares.

1 motoniveladora de 135 CV.

2 – Para desbroce:

1 tractor mecánico desbrozador co seu correspondente operario e medios auxiliares.

(Nos meses de xullo e agosto se reforzará o servizo con un tractor mecánico desbrozador co  seu correspondente operario e medios auxiliares a maiores ) .

2 desbrozadoras manuais con persoal e medios auxiliares.

3 – Sinalización:

2 persoas para regulación do tráfico.

O orzamento de execución dos 6 meses que servirá de base á licitación será de 133.600,00 mais 28.056,00 euros de IVE  total 161.656,00 euros.

A empresa adxudicataria deberá realizar os traballos cun Plan de traballo semanal e dunha forma coordinada de recollida de material sobrante. Os residuos e maleza xerados pola roza e limpeza retiraranse, como máximo, ao día seguinte e serán depositados en vertedoiros autorizados . Estes vertedoiros serán sempre do propio contratista quen deberá reforzar o servizo durante os meses de xullo e agosto cun segundo tractor mecánico desbrozador co  seu correspondente operario e medios auxiliares a maiores.

O servizo deberá prestarse durante todos os días laborais dende o inicio do prazo de execución e ata a súa finalización, sen que se poidan realizar paradas na súa prestación.