Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica ás portas de Facenda

Publicado por o día 09/06/2014 na sección de GAS,ODS Coia,Parroquia Cristo da Victoria,Social,Vigo

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica ás portas de Facenda

Na semana que entra a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.

E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal. A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.

2014_06_facenda_alcampo

Agardamos polas vosas sinaturas!

PRENSA ODS COIA