Mesa Redonda XOGAMOS SEGUROS: VIH, VPH, PREP, PEP

Publicado por o día 25/06/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Mesa Redonda XOGAMOS SEGUROS: VIH, VPH, PREP, PEP

Mesa redonda “Xogamos Seguros: VIH, VPH, Prep, Pep…” con Dr. Antonio Ocampo do HAC, afondará nas ITS e no Prep/Pep.

Laura Labajo Leal, enfermeira VIH, falará sobre VPH en homes que teñen sexo con home Carmen Pazos Alonso, enfermeira VIH do HAC, falará sobre Chemsex.

RECORDAMOS QUE O SÁBADO 29 SERÁ A MANIFESTACIÓN DO ORGULLO LGTBI+ CON SAÍDA DA PRAZA DA PEDRA ÁS 20.30H
O PROGRAMA DO SÁBADO SERÁ O SEGUINTE:
18h Obradoiro Batukada. Trae o teu cubo/caldeiro e mazas, aínda que temos algúns de préstamo.
19h Actuación Las Supremas
20h Pregón Orgullo da man de Crysti Tojo
20.30h MANIFESTACIÓN ORGULLO É REIVINDICACIÓN saída Praza da Pedra
21.30h Lectura do manifesto da man de Paula Pier
22.15h Actuación Carolina Smith
23h Concerto Flow do Toxo
00h DJ Ingrit Mosquera, DJ Noe e DJ Juan Maniac