O talentoso centrocampista Miguel Baeza asinou no Salón Rexio de A Sede o seu novo contrato co RC Celta unha vez superou o recoñecemento médico na Clínica RC Celta. O novo xogador celeste xa se puxo ás ordes de Óscar García e o resto do corpo técnico para preparar a esixente tempada 2020/21.
Baeza chega a Vigo procedente do Real Madrid Castilla, onde realizou unha excelente última campaña. O centrocampista mostrouse “ilusionado” tras a súa fichaxe e prometeu “traballar como o que máis” esta tempada. “Vou dar todo por este club e esperamos facer un gran ano”
Miguel Baeza: “Teño que traballar como o que máis e axudar aos meus compañeiros”
O mediocentro cordobés Miguel Baeza, última incorporación celeste até agora na pretemporada 20/21, asinou o seu contrato en A Sede antes de comezar os adestramentos co primeiro equipo. O andaluz mostrouse moi ilusionado, humilde e ambicioso nas súas primeiras palabras como xogador do RC Celta ante as cámaras de Celta Media, sinalando que “é a oportunidade que todo xogador querería. Estou preparado para dar este gran paso”.
Noticias de última hora en Vigo