Miguel Bosé, primeiro concerto de verán do “Vigo en Festas 2017”

Abel Caballero anunciou este luns a primeira das actuacións pechadas polo Concello para este verán, dentro do programa “Vigo en Festas 2017”. Miguel Bosé actuará o 25 de xullo no Auditorio do parque de Castrelos.
Publicado por o día 29/05/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Vigo

Miguel Bosé, primeiro concerto de verán do “Vigo en Festas 2017”

Abel Caballero anunciou este luns a primeira das actuacións pechadas polo Concello para este verán, dentro do programa “Vigo en Festas 2017”. Miguel Bosé actuará o 25 de xullo no Auditorio do parque de Castrelos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns o primeiro concerto confirmado do programa municipal “Vigo en Festas 2017”: será o de Miguel Bosé, o 25 de xullo, no Auditorio ao aire libre do parque de Castrelos.

A súa xira “Estaré” está colleitando un “gran éxito”, segundo valorou Caballero esta mañá, polo que o cantante traerá a Vigo a súa nova proposta. O artista acaba de rematar os seus concertos en Colombia e ofrece en próximos días o seu espectáculo en Bos Aires e en Santiago de Chile. En setembro, despois da xira española, arrancará un periplo por Estados Unidos e México.

Ata o momento, as datas publicadas para o tour estival de Miguel Bosé en España sitúan a Vigo como a única cidade que visitará no noroeste peninsular.