Miguel Lago despide o seu aclamado espectáculo Miguel Lago pone orden no Teatro Afundación de Vigo

Será mañá, venres 18 de outubro, a partir das 21.00 h
Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Miguel Lago despide o seu aclamado espectáculo Miguel Lago pone orden no Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará a despedida do aclamado espectáculo de humor Miguel Lago pone orden mañá, venres 18 de outubro, a partir das 21.00 h, no Teatro Afundación de Vigo. Será unha única función e as entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Última oportunidade para gozar do espectáculo máis aclamado do que fose recoñecido como cómico do ano por Comedy Central, cun humor canalla, desvergonzado e sen andrómenas da man de Miguel Lago. O actual colaborador do programa de televisión Todo es mentira presenta un show que foi concibido como unha catarse, unha explosión de sinceridade co seu particular e sarcástico xeito de ver o mundo. Miguel aparece disposto a «poñer orde dunha vez. Se non me denuncian por este monólogo eu xa non se que máis facer».

Comentar noticia

Your email address will not be published.