Miguel Pereira novo presidente do Liceo Marítimo de Bouzas

Publicado por o día 25/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

Miguel Pereira novo presidente do Liceo Marítimo de Bouzas

Estaba cantado, pois a oposición habíase unido e contaba cun respaldo maioritario… pero a tensión existente palpouse ata os últimos instantes do reconto… dos tres centenares de socios con dereito a voto, exercían o seu dereito o 57%… ou sexa 170 sufraxios… deles soamente 48 para o xa ex-presidente do Liceo Marítimo de Bouzas José María Martínez Bosch…
 
A partir de hoxe e durante o próximos catro anos o presidente que quixeron os socios maioritariamente: Miguel Pereira, a súa man dereita… o seu vicepresidente Manuel Veiga… o primeiro remeiro e olímpico en Barcelona 92… o segundo un snipista con carisma… sopran novos ventos no vicedecano da náutica galega.

Comentar noticia

Your email address will not be published.