Miguel Tellado salienta o descenso de máis dun 14 por cento do paro ao longo desta lexislatura

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, salientou hoxe que “a estabilidade económica e laboral que vivimos en Galicia co Goberno de Feijóo ao longo desta lexislatura permitiu reducir o paro na Comunidade galega máis dun 14 por cento”. “O noso compromiso para os vindeiros anos é seguir creando emprego, principalmente nos colectivos con máis dificultades para incorporarse ao mercado de traballo como son os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración”, indicou.
Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Partido Popular,Política

Miguel Tellado salienta o descenso de máis dun 14 por cento do paro ao longo desta lexislatura

Miguel Tellado salientou que, “a pesar da nefasta política económica e industrial coa que o Goberno de Pedro Sánchez está a castigar a Galicia, o desemprego baixou na nosa Comunidade ata os 166.229 parados, o que supón 45.255 persoas menos que cando Feijóo chegou ao Goberno da Xunta en 2009”.

TRES PUNTOS MENOS QUE A MEDIA ESTATAL

“No que levamos de ano, o paro en Galicia baixou en 7.480 persoas, o que supón un descenso do 4,31 por cento, tres puntos máis que a media de España”, subliñou o secretario xeral do PPdeG. Ademais, lembrou que “levamos sete anos consecutivos de baixadas do paro no mes de febreiro, pero nesta ocasión fíxose a un maior ritmo”.

Así mesmo, Tellado incidiu “no incremento da contratación nun 5,25 por cento, destacando a súa dun 11,67 por cento dos contratos indefinidos, un 4,24 por cento dos contratos a tempo completo e conseguindo superar a media española de contratos en case catro puntos”.

“Seguiremos traballando para conseguir que calquera galego que desexe incorporarse ao mercado de traballo poida facelo nas mellores condicións, con especial énfase nos menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración”, indicou.

Comentar noticia

Your email address will not be published.