Mikel Erentxun protagonista dos concertos de “La fiesta” en Pazo de Cea

Publicado por o día 17/08/2017 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

Mikel Erentxun protagonista dos concertos de “La fiesta” en Pazo de Cea

“La Fiesta” do Pazo de Cea, en colaboración co Concello de Nigrán, ofrecen mañana venres o concerto do ex vocalista de Duncan Dhu Mikel Erentxun. As últimas entradas, cun prezo de 18 euros, están aínda a venda nos puntos oficiais.

O concerto comenzará ás 23 horas, antes haberá sesión dj con Pedro Arranz, dj de Costello Club Madrid. Como nas anteriores ocasión, os asistentes poderán desfrutar dende as 20.00 horas dos mellores postos de comida e bebidas.

A última sesión de “La Fiesta” será o 25 de agosto con “Love of Lesbian”, concerto para o que xa se esgotaron todas as entradas.