Miles de traballadoras do primeiro ciclo de Educación Infantil secundan a folga en defensa dun convenio que dignifique a etapa de 0-3 anos

Malia as hostilidades e atrancos formulados polas patronais, con ameazas explícitas de despedimentos, máis dun 80% das traballadoras de escolas privadas e de xestión indirecta secundaron o paro, expresando o seu malestar co previsible asinamento do novo convenio laboral, que imporá a cronicidade da precariedade a un colectivo cunha elevada responsabilidade nunha etapa tan importante no desenvolvemento de nenos e nenas como a de 0 a 3 anos.
Publicado por o día 21/05/2019 na sección de CC.OO,Educación,Galicia,Protestas,Sindicatos,Vigo

Miles de traballadoras do primeiro ciclo de Educación Infantil secundan a folga en defensa dun convenio que dignifique a etapa de 0-3 anos

Malia as hostilidades e atrancos formulados polas patronais, con ameazas explícitas de despedimentos, máis dun 80% das traballadoras de escolas privadas e de xestión indirecta secundaron o paro, expresando o seu malestar co previsible asinamento do novo convenio laboral, que imporá a cronicidade da precariedade a un colectivo cunha elevada responsabilidade nunha etapa tan importante no desenvolvemento de nenos e nenas como a de 0 a 3 anos.

O seguimento está sendo masivo, especialmente naquelas comunidades autónomas en que non se fixaran servizos mínimos ou estes non eran excesivamente estritos. As mobilizacións estanse sucedendo en todo o Estado, e en territorios como Galicia, Castela e León, Madrid, Cataluña, Andalucía ou País Valenciano están sendo moi concorridas, nun ambiente reivindicativo. A folga foi convocada por CCOO, dado que UGT opúxose rotundamente é o resto tampouco a secundaron por fins sindicais.

O sector deixou ben claro que as prioridades das traballadoras pasan polo recoñecemento profesional das tarefas que veñen desenvolvendo. A formación e a responsabilidade que asumen non se corresponden en absoluto coas retribucións irrisorias que veñen percibindo. Os 930 euros brutos que o novo convenio pretende establecer de salario base para as educadoras é mostra do desprezo a un colectivo con retribucións conxeladas desde hai máis de sete anos.

O progreso psicomotriz, afectivo, intelectual e social do neno/a, potenciado nesta etapa educativa, é posible grazas ao traballo que levan a cabo estas educadoras que, a cambio, ven como se pacta a pobreza laboral nun novo texto de convenio que non achega solucións ás múltiples dificultades que xorden no día a día e que perpetúa a precariedade laboral no sector, afondando a brecha salarial por cuestión de xénero.

CCOO confía en que estas mobilizacións sexan un revulsivo para que as organizacións patronais e sindicais presentes na mesa negociadora do novo convenio colectivo se sensibilicen co evidente rexeitamento do sector ante un texto que condena á precariedade ás súas traballadoras.

Comentar noticia

Your email address will not be published.