Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións públicas dignas

Miles de persoas participaron este xoves, día 15, nas concentracións convocas por UGT e a UXP, xunto con CCOO, nas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), do mesmo xeito que se fixo no resto do Estado. ​
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Protestas,Sindicatos,UGT

Miles de persoas mobilízanse en Galicia por unhas pensións públicas dignas

Miles de persoas participaron este xoves, día 15, nas concentracións convocas por UGT e a UXP, xunto con CCOO, nas cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), do mesmo xeito que se fixo no resto do Estado. ​
As mobilizacións, que se enmarcan dentro da campaña posta en marcha por UGT #LazonMarrón contra a miserable subida do 0,25% das pensións para este ano, queren denunciar que o Goberno fomenta os plans de pensións privados mentres recorta as pensións públicas.
​
O sindicato considera fundamental protestar contra o  empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.
A cidadanía mostrou a súa indignación cunhas medidas que nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.
Derrogar a reforma e as medidas postas en marcha polo Goberno
Hai que unir forzas para lograr que se derroguen a reforma e as medidas postas en marcha polo Goberno e que se afronten solucións reais que aumenten o poder adquisitivo dos pensionistas e garantan a viabilidade do sistema público de pensións.
O sindicato insiste na necesidade de reclamar a reforma inmediata das fontes de financiamento do Sistema vía impostos, erradicar o déficit da Seguridade Social terminando coas bonificacións á contratación, financiando os gastos da Seguridade Social desde os  PXE e  destopando as bases de cotización.