A militancia da comarca Vigo-Mos de Anova-Irmandade Nacionalista avaliou na su a asemblea a participacion activa da militancia na Marea de Vigo

Por o 09/06/2017 | Sección: Anova,Política,Vigo
A militancia da comarca Vigo-Mos de Anova-Irmandade Nacionalista avaliou na su a  asemblea a participacion activa da militancia na Marea de Vigo

Neste sentido, Anova-Vigo considera que o camino andado canda outros partidos políticos, tecido asociativo e militantes independentes esta sendo moi positivo por tres motivos: a acumulacion de forzas diversas baixo un programa comun (esquerda radical e aceptacion da nacion galega); a actividade conxunta da militancia de base desenvolta nos grupos de traballo e nos barrios; e o bo clima e sau de do proxecto da Marea de Vigo dentro dun contexto de acoso e derribo constantes.

Polo tanto, pensamos que a tarefa desenvolvida pola nosa militancia e as nosas concelleiras debe afondar no compromiso sociopolítico. Pola nosa parte traballaremos pola consolidacion do espazo de ruptura que se expresa na Marea de Vigo. Ademais promoveremos a acumulacion de novos axentes sociopolí ticos que asuman os principios basilares dunha política local comprometida co nacional e dende a esquerda anticapitalista. Unha marea incomoda para a oligarquía e desafiante cos poderosos nas propostas que fagamos por mudar o actual estado de cousas. Hai que manterse firmes nos principios transformadores ante unha nova onda recentralizadora e neoliberal.

Con todas as dificultades con ecidas e as que poida haber, Anova-Vigo expresa publicamente a su a maxima vontade por consolidar a Marea de Vigo como un espazo de encontro comun entre mulleres e homes que se rebelen ante a arrogancia, o abuso e o continuísmo dun rexime neoliberal, centralista e decrepito. Nunca aceptaremos a expropiacion das nosas propias vidas.