A miña discrepancia sobre o asoballamento na vía pública veña de quen veña

Por o 02/12/2013 | Sección: Opinión
A miña discrepancia sobre o asoballamento na vía pública veña de quen veña
Compartir en:

 Boa noite, dun participante na manifa “NUNCA MAIS ” de Vigo do 1 de Novembro de 2013

Opóñome, a que alguén se faga propietario da vía pública

Opúxenme a Manuel Fraga, (dictador con Franco, despois dictador parlamentario, e, que morreu na cadeira diso que lle chaman o senado, co aplauso, da case que a absoluta maioríados presentes nise intre); cando dixo “la calle es mía” .

Tamén opoñome a que nun acto publico, como é unha manifa, na cal un cidadán de Vigo pida a palabra para falar, (dispois de escoitar algunhos “oradores” duas cancios, outros que falaron etc. que non cuestino para nada o dereito que lles asiste) lle negue facer uso dun micrófono particular, que non é meu, o que respecto como non pode ser de outra maneira, pero non comparto o argumento de: “ti non podes, non podes falar”, inda que respecto a resposta, por ser a educación que fun logrando a o longo dos meus 61 anos, andando polo mundo, revindicando a liberdade de expresión i o respecto as demais persoas de ben.

Non comparto, inda que respecto que me digan: “!NON PODES FALAR POR NON SER CONVOCANTE!”, mais o que non respecto, nin comparto, é aquel que en nome dos que convocaron a manifa, invada na vía pública o meu espazo intimo, que ha de ser aquel sen contacto físico nin palabras insultantes cara a miña persoa, ou calquera das que no Sireno nos atopabamos, dicindo: !NUNCA MAIS!, que, é o que penso si nos debe unir e, non desunir.

Respecto i procuro respectar con a miña desculpa, máis eiquí, respecto i non comparto empuxóns, inda que sexan empuxóns maioritarios, como tampouco comparto nin respeto o pensameto único.

Un animo a tódolos que reivindican os dereitos e a xustiza social

Saúde: Iló Bello