A ministra Fátima Bañez trata de enganar aos futuros pensionistas

Por o 21/01/2018 | Sección: Social
A ministra Fátima Bañez trata de enganar aos futuros pensionistas

O martes día 17 a ministra de Traballo Fátima Báñez propuxo que os traballadores poidan calcular a base reguladora da súa pensión sobre toda a vida laboral. Desde a Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións quere facer público as seguintes consideracións sobre esta proposta. A ministra, unha vez máis, trata de enganar a millóns de traballadores que no futuro serán pensionistas ao lanzar propostas nada estudadas e que só tratan de amedrentar á poboación traballadora. Esiximos que cada proposta para reformar o sistema público de pensións vaia acompañada dun estudo que cuantifique con precisión a repercusión que tería para as pensións das futuras persoas xubiladas.

O mesmo martes un portavoz do PP declaraba que a proposta do seu partido é ampliar o período de cálculo da pensión a toda a vida laboral, desvelando así a verdadeira intención do Goberno: reducir nunha importante contía o importe de todas as pensións. Claro exemplo a reforma do 2011, levada a cabo polo Goberno de Rodríguez Zapatero elevou de 15 a 25 anos no 2022 para o cálculo da base reguladora da pensión. No 2018 calcularase sobre os 21 anos anteriores á xubilación. Polo que a ampliación do número de anos o único que producirá é unha importante redución na contía das pensións percibidas xa que a maioría da clase traballadora ten mellores bases nos últimos anos en activo.

Por iso ampliar o número de anos necesarios para o cálculo da pensión ademais de ser un ataque contra a existencia de pensións dignas, tamén vulnera o dereito adquirido como cotizantes do Sistema de Seguridade Social de todos os futuros pensionistas. O políticas prol-cíclicas da Troika e aplicadas con entusiasmo polos gobernos do PSOE e do PP como resposta á crise-estafa financeira e inmobiliaria provocaron un brutal aumento do paro. Millóns de traballadoras e traballadores maiores de 50 anos foron despedidos despois de décadas de traballo e cotización.

Estas persoas ou non volveron atopar traballo ou se deron de alta como autónomas cotizando pola base mínima de cotización, ou contratadas por salarios moi inferiores aos que percibían antes da crise-estafa. Este colectivo é o máis damnificado ao chegar á idade de xubilación, percibindo as pensións mínimas.

A Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións esixe que:

a) Lexíslese inmediatamente para solucionar esta grave inxustiza. Propoñemos que sexa a futura persoa pensionista a que elixa os 20 anos cotizados sobre os que se calculará a súa pensión.
b) Esíxese que se restitúa o aumento automático das pensións segundo o IPC , incluíndo unha revisión anual ao IPC real supere o previsto nos Orzamentos Xerais do Estado.
c) Esíxese reverter as políticas de emprego que conduciron a esta situación, e derrogar as reformas laborais que contribuíron a crear un emprego precario e mal remunerado, á vez que contribuíron a destruír o emprego de calidade.
c) Esíxese que as organizacións representantivas das persoas pensionistas participen nos traballos para a reforma do sistema público de pensións, alicerce fundamental dunha sociedade igualitaria e civilizada.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.