Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México

Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Xunta de Galicia

Miranda avoga pola conservación e difusión das “tradicións da nosa terra” no Centro Galego de México

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse hoxe co representante do Centro Galego de México, Manuel Ferradas. Durante este encontro, o secretario recalcou a importancia de “manter unha boa liña de traballo, para reforzar as sinerxias con México” no tocante a difusión das tradicións galegas a través desta entidade. Non en van, o centro, actualmente, conta con 2.011 socios, e suma un amplo números de actividades e propostas que permiten un maior crecemento da participación, destacando como exemplo: a Jira Campestre, que se celebra o 1 de maio como unha romaría familiar galega que reúne a máis de 5000 persoas, ou a Romaría de San Benitiño.

“As entidades de México teñen unha gran importancia para a conservación e difusión dos lazos espirituais co noso territorio” , resaltou Miranda, quen subliñou que os galegos residentes en México son unha das inquedanzas prioritarias na Secretaria Xeral de Emigración, tanto pola inseguridade que se vive en México como pola cantidade de galegos que acolle, máis de 14.000.