Miranda traslada aos galegos de Venezuela o apoio permanente da Galicia territorial a través do presidente da Hermandad Gallega de Caracas

O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable da entidade venezolana, que concentra arredor de 25.000 galegos na capital do país suramericano
Publicado por o día 20/04/2019 na sección de Galicia,Xunta de Galicia

Miranda traslada aos galegos de Venezuela o apoio permanente da Galicia territorial a través do presidente da Hermandad Gallega de Caracas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou a todos os galegos que residen en Venezuela o apoio permanente e a preocupación que atopa a situación que atravesan na Galicia territorial. Fíxoo a través do presidente dunha das entidades con maior número de socios de orixe galega de todo o mundo, a Hermandad Gallega de Venezuela, Roberto González Pérez, con quen mantivo un encontro na sede do departamento autonómico.

A reunión co máximo responsable da entidade galega situada en Caracas, unha das que conta cunha actividade cultural e social máis intensa de toda América, se enmarca nas estreitas relacións de colaboración que Galicia mantén cos galegos residentes no exterior, e moi especialmente cos que viven en Venezuela.

Un país con 36.000 residentes da comunidade

A Hermandad Gallega de Venezuela conta con preto de 25.000 galegos dun país que a 1 de xaneiro de 2019 acubilla 35.996 residentes de orixe galega, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Só en 2017 regresaron a Galicia un total de 2.163 emigrantes galegos ou descendentes con nacionalidade española e inscritos nalgún concello da comunidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.