Miriam Rodríguez chega co seu Tour Contigo ao Teatro Afundación de Vigo

O concerto terá lugar o vindeiro venres 28 de xuño a partir das 21:00 h
Publicado por o día 26/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Miriam Rodríguez chega co seu Tour Contigo ao Teatro Afundación de Vigo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá o concerto da artista galega, Miriam Rodríguez, dentro da súa xira Tour Contigo, coa que a cantante está a percorrer a xeografía española presentando o seu disco Cicatrices. Será o venres 28 de xuño, a partir das 21.00 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Miriam Rodríguez, a artista galega coñecida como «a leoa» presenta o seu álbum debut Cicatrices cunha xira chamada Tour Contigo na que dá a coñecer 13 cancións que forman parte deste primeiro disco. Cancións moi persoais da artista gravadas en Los Ángeles coa produción de Sebastian Krys e Sam Hanson e que inclúen os temas «Hay algo en mi» da serie Vis a vis y «¡No!», canción composta e cantada xunto a Pablo López que tamén é produtor do tema. Miriam escribiu algunhas das cancións do disco xunto a autores da talla de Vega, Ximena Muñoz, Georgina, Andrés Suárez e o portugués Diogo Piçarra.