Mitin da Agrupación electoral Recortes Cero

Publicado por o día 20/05/2015 na sección de Política,Recortes Cero

Mitin da Agrupación electoral Recortes Cero

Recortes Cero é a única agrupación cidadá de electores que se presentou ás Eleccións Europeas, e agora en Vigo é a primeira Agrupación Electoral que se presenta á eleccións municipais na historia da democracia.

Conta co apoio de personalidades do mundo da cultura como o pintor Antonio López, e de 14 organizacións políticas e sociais como: Unificación Comunista de España, Os Verdes-Grupo Verde, ou a Asociación Democracia Real Xa.

A nosa candidatura presentou 3354 avales, dos cales foron validados 3002 das 3000 firmas que nos esixía a lei, 10 veces máis que si fósemos un partido. E é un pequeno éxito que conseguimos grazas ao apoio e simpatía da xente.

No mitin imos explicar os eixes principais do programa que defendemos:

En primeiro lugar hai que REDISTRIBUIR A RIQUEZA; porque España é un país rico, o problema é quen se queda con esa riqueza. O Banco de Santander gañou o ano pasado 5.800 millóns. En España, os altos directivos cobran unha media de 594 euros por hora. Os demais necesitamos traballar 21 días para cobrar o que eles gañan nunha 1 hora!

Defendemos a Ampliación da Democracia, para acabar con este réxime bipartidista e corrupto.

A Soberanía Nacional, porque xa está ben que aquí manden a Merkel ou o Obama.

E a necesidade de formar unha Fronte Ampla de Unidade porque un partido só non pode representar ao 90% do pobo que estamos sufrindo o saqueo dos banqueiros.

O mitin é o vindeiro xoves, 21 de Maio. no Centro Cívico Casco Vello, situado na R/ Oliva nº 12 ás 20 horas.

Intervendrán:

Juan Carlos Torres, compositor, do Foro de Intelectuales e Artista de Recortes Cero

Carlos Vázquez, profesor de secundaria xubilado, primeiro candidato ao Concello de Vigo

Pastora Fernández, maestra, segunda candidata ao Concello de Vigo

PRENSA RECORTES CERO VIGO