Mitin fin de campaña en Vigo de CxG

Publicado por o día 19/05/2014 na sección de Compromiso por Galicia,Política

Mitin fin de campaña en Vigo de CxG

Compromiso por Galicia celebrará o seu acto central de campaña en Vigo este martes 20 de maio no Hotel México da rúa Vía Norte ás 20:30 horas.

mitin

Este acto electoral será o principal de toda a comarca e intervirán nel o cabeza de lista ao parlamento Europeo Paulo Carlos López, así como a candidata de Vigo Inma López Silva e os membros da dirección nacional de CxG Xoán Bascuas, Secretario Xeral, e Rafa Cuiña, coordinador provincial.

O acto será presentado por Henrique Macías, responsable local en Vigo de Compromiso por Galicia e será virtualmente o último acto desta campaña na comarca, inda que continuará o traballo da militancia coa publicidade e reparto de programas.

Compromiso por Galicia de Vigo considera que xa foi acadado un dos obxectivos nestas eleccións, a súa visibilidade como imaxe electoral diferente e un mellor coñecemento da súa proposta política por parte da cidadanía, xa que con apenas ano e medio de vida este proxecto político aspira a ser representativo dun importante sector progresista e galeguista da sociedade galega. Outro dos obxectivos, a presenza galeguista en Europa está camiño de ser real, xa que tal como pronostican as enquisas a “Coalición Por Europa”, na que participa CxG, tería asegurada presenza no Parlamento Europeo polo que Compromiso por Galicia comezará o seu traballo político tamén no ámbito europeo en representación de todos os galegos e galegas.

Asímesmo Compromiso por Galicia de Vigo valora moi positiva, a nivel de aceptación popular, a súa mensaxe de transparencia e aportación constructiva e positiva nun entorno de corrupción, populismo e desafección á clase política. Nestes días de campaña temos recibido mostras de astío aos partidos clásicos e na falta de confianza de cambio real nos partidos antisistema, ambiente social que confirma que unha mensaxe como a de Compromiso por Galicia ten o seu espazo de ser, e querer ser, esa forza galega precisa como alternativa real nun novo campo electoral.

Mitin fin de campaña en Vigo

  • Día: martes, 20 de maio
  • Lugar: Hotel México (Vía Norte 10) ás 20:30

Presenta

  • Henrique Macías, responsable local

Intervirán

  •  Xoán Báscuas, secretario xeral de CxG
  •  Rafa Cuiña, coordinador provincial de CxG
  •  Inma López Silva, candidata de CxG ao Parlamento europeo
  •  Paulo Carlos López, candidato de CxG ao Parlamento Europeo
PRENSA CxG