O luns incorpóranse os profesionais do CHUVI que obtiveron posto no concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal

Un total de 337 profesionais consolidan o seu posto na unidade en que viñan traballando e outros 222 decidiron voluntariamente cambiar de unidade
Publicado por o día 22/09/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O luns incorpóranse os profesionais do CHUVI que obtiveron posto no concurso de mobilidade interna voluntaria do persoal

O persoal sanitario e non sanitario de diversas categorías do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) incorporarase a partir do próximo luns, 23 de setembro, aos novos postos obtidos trala resolución do concurso ordinario de mobilidade interna. O concurso ten sido o de maior cantidade de movementos do complexo hospitalario na súa historia e se ten resolto en un tempo récord de un ano.

Ofertáronse 1.164 prazas e foron 10 as categorías as convocadas: enfermeira/o, enfermeira/o especialista en saúde mental, fisioterapeuta, técnica/o en coidados auxiliares de enfermería, auxiliares administrativos, celadoras/es, técnicos en diagnóstico por imaxe, terapeutas ocupacionais e logopedas.

Participaron 796 profesionais, e foron adxudicados 594 postos. Destes, 372 profesionais consolidan na súa unidade, onde viñan prestando servizos, obtendo así o seu destino definitivo de preferencia.

Outros 222 profesionais decidiron voluntariamente cambiar de unidade, polo que desprazarán ao persoal interino ou propietario sen praza consolidada. Estes 9 propietarios sen praza consolidada elixiron onte un novo destino provisional. O persoal interino se moverá ao posto que deixa o persoal propietario que se incorpora na unidade elixida.

As bases da convocatoria e os criterios de saída son resultado dun acordo coa comisión de centro de atención especializada, que ten participado na baremación e nas fases do proceso polo que compre o agradecemento pola súa colaboración.

Normalidade nas relacións laborais

Esta convocatoria confirma a normalidade nas relacións laborais no CHUVI trala apertura do Hospital Alvaro Cunqueiro. A opción de cambio de posto e unidade é unha oportunidade para todo o persoal fixo que poderá ver melloradas as súas condicións de traballo e o seu desenvolvemento profesional. Os postos obtidos voluntariamente polos/as profesionais que agora se incorporan resultan por aplicación de méritos segundo baremos que tamén tiveron en conta méritos específicos en áreas especiais como as de críticos, urxencias, e outras.

A Xerencia sa Área Sanitaria de Vigo recoñece o esforzo de adaptación de todo o persoal as novas incorporacións e agarda que se facilite a integración de todas/os profesionais nos novos equipos de traballo, agradecendo a colaboración de todos nese proceso de adaptación que se inicia o vindeiro luns.

Comentar noticia

Your email address will not be published.