Mobilizacións contra os abusos laborais e a represión sindical en MSF

Comisións Obreiras retoma as mobilizacións contra os abusos laborais e pola readmisión dos representantes sindicais despedidos en Médicos Sen Fronteiras.
Por o 13/02/2018 | Sección: CC.OO,Protestas,Sindicatos
Mobilizacións contra os abusos laborais e a represión sindical en MSF

Comisións Obreiras retoma as mobilizacións contra os abusos laborais e pola readmisión dos representantes sindicais despedidos en Médicos Sen Fronteiras.

O sindicato convoca unha concentración o próximo xoves, 15 de febreiro, ás 20 h, diante do museo MARCO, en Vigo. O sindicato esixe a readmisión dos despedidos, incluídos un membro da sección sindical de CCOO en MSF e mais a delegada sindical.

CCOO leva meses denunciando que MSF utiliza unha cláusula abusiva nos contratos das persoas que se dedican á captación de socios, precepto que lle permite despedir obxectivamente a quen non logre os ditos obxectivos.

O sindicato argumenta que a cláusula é abusiva porque preto do 80 % do persoal non dá cumprido os obxectivos fixados. CCOO tamén reproba que a resposta de MSF ás denuncias sindicais foi despedir a quen ousou protestar.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.