Mobilizacións pola sanidade pública do 9 e 10 de decembro

Publicado por o día 10/12/2013 na sección de Vigo

Mobilizacións pola sanidade pública do 9 e 10 de decembro

  Anova apoia as mobilizacións das traballadoras e traballadores sanitarios contra os recortes, os copagos e a privatización da sanidade pública galega e fai un chamamento á cidadanía galega a manifestarse o martes, día 10 de decembro, nas accións convocadas nas pricipais cidades e vilas do País.

Apoiamos a literalidade do manifesto de SOS Sanidade Pública a prol da mobilización do 9 e 10 de decembro pola sanidade pública galega:

“A Xunta de Galicia está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras.

Chegou o momento de articular unha grande alianza entre poboación e traballadores/as da sanidade en defensa dunha sanidade pública de calidade e por recuperar o dereito a unha sanidade pública universal accesible e de calidade.

Se os/as afectados/as, que somos a maioría social e profesional, non reaccionamos de xeito urxente, deica pouco o desmantelamento e privatización da sanidade pública será irreversible, xa que a Xunta transformaría os centros sanitarios en empresas privadas, recortando o persoal, e obrigándonos a pagar pola asistencia sanitaria.”

PRENSA ANOVA VIGO