Moción de Marea de Vigo urxente ao pleno ante as traballadoras despedidas dos servizos da Casa da Xuventude sen que o Concello dea explicacións

Publicado por o día 30/08/2017 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

Moción de Marea de Vigo urxente ao pleno ante as traballadoras despedidas dos servizos da Casa da Xuventude sen que o Concello dea explicacións

Marea de Vigo denuncia que, a pesar de que “as políticas para mozos e mozas sempre tiveron un oco importante nas programacións culturais e lúdicas, na prestación de servizos esenciais e mesmo nas partidas orzamentarias dos diferentes gobernos locais que pasaron pola nosa cidade” “curiosamente nestas lexislaturas recentes nas que gran parte deste patrimonio e traballo multidisciplinar en políticas de xuventude está a ser desmantelado de xeito inexplicable”

Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo lembra que “hai uns anos liquidouse o exitoso programa Súbete ao Castro, que xerou numerosas queixas de usuarios e que, pese ao anunciado polo concello, de ser substituído por outro programa análogo, non existiu nin existe programa parecido dentro da esclerótica programación xuvenil programada dende entón. Algunha dela foi pretendidamente derivada ao Auditorio Mar de Vigo pero resultou un rotundo fracaso e soamente tivo retorno positivo para algunhas empresas contratadas para tal fin.


Marea de Vigo denuncia que “na casa da Xuventude actualmente seis traballadoras da empresa concesionaria que en 2013 gañou o concurso, realizan unha función imprescindible para o colectivo de mozos e mozas da nosa cidade: Punto de información xuvenil, xestión dos campamentos de verán, asesoramento laboral, tramite de becas, información de tempo libre e voluntariado, mesmo xestións administrativas de programas como o Camiño a Camiño que non é esencialmente un programa de mocidade.

As traballadoras siguen sen ter información precisa do Concello sobre que vai pasar con un servizo de máis de vinte anos de actividade e que entre setembro de 2016 e xullo de 2017 por exemplo atendeu a máis de 22.000 usuarios.

Marea de Vigo propón como solución a prórroga durante 1 ano do servizo mantendo plantilla actualmente existente e actuacións actualmente ofertadas e preparar un ambicioso Plan de dinamización xuvenil para o 2019 que mellore e amplíe os servizos e políticas orientadas á mocidade.

Ademáis considera necesario recuperar nas instalacións do Castro o programa SÚBETE AO CASTRO co seu espírito orixinario, recuperando tamén proxectos técnicos e programas que tiñan unha valoración importante por parte dos usuarios e usuarias