Moitas luces de Nadal, pero… a escuridade perpetua faise na pista de atletismo

Un atleta adestra sen luz en Vigo e lanza un ‘recado’ ao alcalde Abel Caballero: “Moitas luces de Nadal, pero…”
Publicado por o día 20/11/2019 na sección de Atletismo,Deportes,Galicia,Vigo

Moitas luces de Nadal, pero… a escuridade perpetua faise na pista de atletismo

David Gómez, adestrador de salto con pértega e probas combinadas no RC Celta de atletismo, denunciou na súa conta de Twitter a situación que viven na pista de Balaídos pola súa escasa iluminación.

David Gómez Martínez dixo ‘basta’. As dúas veces atleta olímpico e seis veces campión de España de decathlon denunciou na súa conta de Twitter as condicións nas que ven obrigados a practicar na pista de Balaídos.

“Cúmprese a cuarta semana que temos que practicar o salto con pértega sen luz. O concello de Vigo ten moitas luces de Nadal, pero Abel Caballero non pon nin unha na pista de atletismo de Balaídos durante o ano”, recolle a súa mensaxe.

No vídeo, mostra a escuridade coa que se atopan ao ir adestrar. Ademais, avisa que os medios de comunicación non poden ir á pista ou sacar fotos da mesma porque “o conserxe ten orde do concello dirixido por Abel Caballero de prohibir entrar a calquera medio”.

O actual adestrador de salto con pértega e probas combinadas no RC Celta de atletismo asegura en ‘Atlántico’ que “non é fácil meter a punta da pértega no caixón sen luz”.

2 Respuestas a "Moitas luces de Nadal, pero… a escuridade perpetua faise na pista de atletismo"