Moitos residentes interesados na formación especializada da EOXI de Vigo

Un total de 68 facultativos e 11 enfermeiras participaron onte na II Xornada de portas abertas do Hospital Álvaro Cunqueiro
Por o 11/03/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
Moitos residentes interesados na formación especializada da EOXI de Vigo

Un total de 79 futuros residentes -68 facultativos/as e 11 enfermeiras- acudiron onte á II Xornada de Portas Abertas no Hospital Álvaro Cunqueiro, organizada pola comisión de Docencia da EOXI de Vigo, co obxectivo de
ofrecer información aos interesados sobre a actividade asistencial, docente e de investigación que se realiza nos centros sanitarios desta área.

Tratouse da segunda edición destas xornadas, reeditada ante o éxito da organizada o pasado ano e dado o gran volume de demanda de información recibida na comisión de Docencia, por parte dos interesados en realizar a súa e formación especializada nesta área sanitaria.

Nesta actividade informativa contouse coa colaboración de titores e actuais residentes das diferentes especialidades, que foron os encargados de facilitar unha información máis directa sobre o día a día do seu labor asistencial. Así, se lles amosou aos futuros residentes as actividades máis destacadas, os programas formativos, a supervisión e tutorización nas diferentes Unidades e a súa práctica clínica habitual. Por este motivo, os eixos básicos deste Xornada foron as xuntanzas cos representantes dos residentes e as visitas “in situ” aos diferentes servizos acompañados de titores e residentes.

Comentar noticia

Your email address will not be published.