Monarquía ou República?

Opinión por Iria Rodríguez
Por o 15/10/2017 | Sección: Opinión,Opinión por Iria Rodríguez
Monarquía ou República?
Compartir en:

Opinión por Iria Rodríguez

Permitir un referendo pactado con garantías (quorum necesario, mayoría simple ou cualificada) abriría a porta a outros referendos.

Alguén reparou en que a perda de Cataluña significaría para o rei e a súa familia a perda de súbditos? O rey pasaría a ser rey dun territorio con menos metros cadrados.

Se Cataluña se independiza, a monarquía non baixará o seu tren de vida e tocaremos a menos á hora de paga-los seus luxos e excesos.

Ninguén está reparando nos tintes antimonárquicos do independentismo catalán?

Ningún xornalista se atreve a elucubrar teorías que expliquen a cerrazón do rei ante un referendo; un referendo, que implicaría a perda dunha parte do territorio do país que lle pertenece de forma inxusta por herdanza, coma se dunha finca ou dun pazo se tratase; coma se fose democrático a estas alturas do desenvolvemento do coñecemento humano herda-lo poder. Monarquía e democracia son termos antitéticos.

O rei está enfadado porque lle moveron os marcos?

O pobo catalán está canso da corrupción dos políticos ou /e da monarquía?