Mondariz e Salceda de Caselas, outro xeito de gobernar é posible

A ruta de Luís Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, pasou por Salceda de Caselas e Mondariz
Publicado por o día 27/08/2016 na sección de Eleccións Galegas,En Marea,Mondariz

Mondariz e Salceda de Caselas, outro xeito de gobernar é posible

A ruta de Luís Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, pasou por Salceda de Caselas e Mondariz, dous concellos da provincia de Pontevedra gobernados por candidaturas do espazo político do cambio: Móvete Salceda e Alternativa por Mondariz. Alén das cidades, tamén hai alternativas ás políticas antisociais de Feijóo.

“Aquí, a veciñanza xa está a comprobar que se pode gobernar doutro xeito, que outra forma de política é posible, e que a solidariedade institucional é só cuestión de vontade”, afirmou Villares, que estivo acompañado polos alcaldes Xoán Carlos Montes Bugarín, de Mondariz, e Marcos Besada, de Salceda, e por compañeiros e compañeiras dos movementos municipalistas.

Alí, o candidato de En Marea deu a coñecer o proxecto da marea galega para o país, e presentou a candidatura que concorre por Pontevedra ás eleccións do vindeiro 25 de setembro, e que chegará a Xunta “co mellor equipo, o máis formado, o máis honesto e coas mellores ideas para gobernar Galicia.

Foto en Salceda de Caselas

ilcanallarubens_ Salceda de Caselas, outro xeito de gobernar é posible_en marea_luís villares_2016