Mondariz e Salceda de Caselas, outro xeito de gobernar é posible

A ruta de Luís Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, pasou por Salceda de Caselas e Mondariz

A ruta de Luís Villares, candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, pasou por Salceda de Caselas e Mondariz, dous concellos da provincia de Pontevedra gobernados por candidaturas do espazo político do cambio: Móvete Salceda e Alternativa por Mondariz. Alén das cidades, tamén hai alternativas ás políticas antisociais de Feijóo.

“Aquí, a veciñanza xa está a comprobar que se pode gobernar doutro xeito, que outra forma de política é posible, e que a solidariedade institucional é só cuestión de vontade”, afirmou Villares, que estivo acompañado polos alcaldes Xoán Carlos Montes Bugarín, de Mondariz, e Marcos Besada, de Salceda, e por compañeiros e compañeiras dos movementos municipalistas.

Alí, o candidato de En Marea deu a coñecer o proxecto da marea galega para o país, e presentou a candidatura que concorre por Pontevedra ás eleccións do vindeiro 25 de setembro, e que chegará a Xunta “co mellor equipo, o máis formado, o máis honesto e coas mellores ideas para gobernar Galicia.

Foto en Salceda de Caselas

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM