Montse Prado acusa a Quintana de abandonar ao sector da pesca pregándose ao que manda Madrid e Bruxelas

Advirte da invasión de produto foráneo e da perda de capacidade de pesca pola distribución de cotas e o despece de barcos
Publicado por o día 20/03/2018 na sección de BNG,Política

Montse Prado acusa a Quintana de abandonar ao sector da pesca pregándose ao que manda Madrid e Bruxelas

A portavoz parlamentaria de pesca, Montse Prado, acusou ao conselleira do Mar, Ana Rosa Quintana, de ter abandono ao sector porque só ten como estratexia facer o que lle ditan desde Madrid e desde Bruxelas, aceptado submisamente cuestións como o inxusto reparto de cotas ou o fomento do despece de barcos.

A pesquería da xarda cun recorte do 20% e risco de multa, campaña no Cantábrico que para a frota de Pontevedra pode limitarse a apenas dous días de traballo, o incremento de Permex anunciado que non apenas empezou a notarse en 2015, as promesas incumpridas para dignificar as condicións das mariscadoras a pé mentres o sector soporta como se enche o mercado con produto de fora que lle fai perder emprego e valor engadido.

“E así o  demostra o feito de que as descargas medrasen un 25% pero a facturación só un 5% e, neste contexto, como pode falar de mellora de comercialización cando hai unha invasión do produto foráneo”, denunciou Prado, quen recalcou que non hai un aumento das rendas, nin se mellora a calidade do emprego no sector, por contra, “o que se incrementa é a alarma social pola situación de desmantelamento da actividade pesqueira”.

A deputada nacionalista tamén salientou o seguidismo da Xunta da política de despece de barcos tanto na frota do arrastre, como no gran sol, nas artes menores, tras acusar á conselleira de Mar de “pregarse” as decisión que se adoptan en Madrid e Bruxelas sen defender ao un sector, “que hoxe estaría na rúa senón fora pola política clientelar que practica”, alegou.

Prado reprochoulle a Quintana que, neste contexto, veña ao Parlamento cun discurso triunfalista. “Sabe que me dixo un patrón, que se viña aquí a botarse flores, pois que as colla e as coloque nun vaso, porque o que ten que facer é reunirse co sector e falar dos problemas reais”.

“Estamos ante un sector estratéxico e temos medidas para defendelo e sempre topamos coa oposición do PP e da Consellaría do Mar, pero vostede non quere ter instrumentos para defender ao sector, agóchase detrás de Madrid e de Bruxelas”, reprochou Prado, quen considera moi negativo o balanzo de nove anos de xestión de Quintana “nos que non se aumento capacidade de pesca e mesmo se puxeron cotas a pesca artesanal o que é unha barbaridade”.

Prado fixo fincapé no feito de que a comercialización do marisco está “invadida” por produto foráneo, “e debería aceptar propostas para que o produto galego non desapareza do mercado, con sementes propias”, ou loitar por un reparto de TACs “que beneficie a Galiza porque nos estamos quedando sen recurso”.