Montse Prado alerta do peche de camas durante o verán na sanidade pública derívándose doentes á privada

Publicado por o 19/05/2017
Montse Prado alerta do peche de camas durante o verán na sanidade pública derívándose doentes á privada

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou onte ao Goberno se defender a sanidade pública é pechar camas durante os catro meses de verán e ao tempo privatizar servizos e derivar doentes á sanidade privada.

A deputada trasladou ao director Xeral de Asistencia sanitaria a preocupación ante a paralización da actividade cirúrxica e o  incremento  das listas de espera, así como o aumento do “desemprego público” ao que sumou os problemas de   acceso ao emprego de miles de traballadores e traballadoras inscritos nas listas de contratación. Por outra parte, o Sergas, afirmou,  non publica a lista de camas pero os  centros sanitarios privados contan  cada vez  con máis camas e actividade.

Prado considerou “indecente” o número de camas que se pechan durante os meses de verán e acusou a sanidade de tomar esta medida “sen consenso e escurantismo”, a última hora e sen ofrecer ningunha información aos profesionais afectados.

Pola súa parte, o director Xeral xustificou o peche de camas sanitarias no  descenso de  necesidades asistencias neste período así como posibles obras de reparación dos centros.

Prado cualificou de “insulto e burla” a intervención do director xeral por non responder a ningunha das nove preguntas formuladas polo  BNG entre as que destacou o número de  profesionais, desglosados por categorías, que serán  contratados polo Sergas para cubrir as vacacións do persoal, como afectará o peche de camas nos servizos de urxencias e como valora a  consellería de sanidade a repercusión desta medida no emprego sanitario.

A deputada pediu “transparencia” nas respostas e non utilizar sistematicamente o mantra de que “as camas non se pechan” cando en realidade máis de trescentas non serán operativas, baixan as intervencións cirúrxicas e aumentan as listas de espera. Esta medida, dixo, “non é inocente porque ao  final sempre está o negocio para a sanidade privada”.Deixe de xogar cos datos e publíqueos porque os cidadáns teñen dereito a saber que se fai cos seus recursos, recalcou.

No  ano 2010, explicou a nacionalista, foron pechadas en Galiza 578 camas, no ano 2011, 670, no 2012, 777, no 2013, 1.105, no 2014, 1.200, no ano 2015 arredor desa cantidade e no 2016, por riba das 1.000 camas, e “a  estas alturas seguen sen publicar  nin comunican aos profesionais cantas serán pechadas neste verán”.

A parlamentaria concluíu asegurando que serán pechadas camas e plantas nos centros do Meixoeiro, Álvaro Cunqueiro, Hospital do Salnés e  HULA, así como outros centros  sanitarios galegos polo que volveu a reclamar os datos reais sobre o peche das camas en verán.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá