Montse Prado: “Sanidade reduce persoal mentres beneficia a empresas privadas con tecnoloxía”

Os dispositivos tecnolóxicos non resultan efectivos na Atención primaria ante as dificultades técnicas para acceder as redes en moitas localidades galegas e con poboación cada vez máis envellecida. Hai que aumentar os recursos humanos e deixar de beneficiar a empresas privadas co negocio da tecnoloxía
Publicado por o día 23/05/2017 na sección de BNG,Política,Sanidad,Vigo

Montse Prado: “Sanidade reduce persoal mentres beneficia a empresas privadas con tecnoloxía”

A parlamentaria do BNG, Montse Prado cuestionou hoxe  o novo modelo de Atención Primaria do que informou  o conselleiro de sanidade, Jesús Vázquez Almuíña por considerar que, máis unha vez, sanidade prima a tecnoloxía en detrimento de máis recursos humanos.

Prado explicou que a Atención primaria debe caracterizarse pola “proximidade, persoal, continuada no tempo e baseada na confianza entre o facultativo e o paciente” polo que deben ser  impulsadas “melloras” na prevención, tratamento e rehabilitación máis a realidade,dixo  é que Galiza  non cumpre con estes parámetros. Neste sentido, acusou ao Goberno galego de “levar anos maltratando ao persoal sanitario” e aplicando recortes que afectan gravemente aos usuarios e usuarias da saúde.

A nacionalista denunciou que entre o  ano  2009 e o   2017 houbo un recorte de 1.782 M€ menos en Atención primaria e que, unha vez máis, a comparecencia do conselleiro de sanidade busca un “un titular” en troques de  mellorar  a situación do persoal sanitario. A deputada tamén censurou que Almuíña presumira de asumir 28 novos centros de saúde porque esa responsabilidade, asegurou é do “propio goberno galego” a través dun pacto asinado hai máis de dez anos. “Despois de todo este tempo non se fixo cargo nin da metade”, apostilou.

Para a deputada,  as  novidades tecnolóxicas   son indispensables pero isto non significa, explicou que teñen que conlevar máis recortes en persoal. Neste sentido, e ante o anunciou do conselleiro dunha nova plataforma tecnolóxica, Prado preguntou se este sistema seguirá o destino  dos camións sanitarios pagados con fondos europeos e que na actualidade permanecen aparcados nunha explanada de Conxo, sen utilidade algunha.

Prado alertou da descapitalización do mellor recurso da sanidade pública, “o seu persoal” para capitalizar a tecnoloxía cando o necesario, recalcou  é que sexan complementarios. Ese non é o camiño, nin o é  entregarlle todos os recursos tecnolóxicos a empresas privadas polo que preguntou que servidores serán usados nas novas tecnoloxías e quen pagará os dispositivos, “os pacientes ou o SERGAS”. Quen vai ser o beneficiario do novo sistema e canto se lle vai pagar ás empresas privadas, a esas empresas as que xa lle foi entregada xa  unha parte importante de recursos públicos.

A venda, reposición e mantemento dos sistemas  tecnolóxicos a quen van beneficiar, e   quen vai facer negocio?. A deputada tamén  puxo en tea de xuízo o anunciou do conselleiro sobre a implantación de novas tecnoloxías tendo en conta  as dificultades técnicas para  acceder ás redes  en  moitas localidades galegas ao que sumou o envellecemento da poboación. A parlamentaria concluíu afirmando que a solución non son os dispositivos  e esixiu ao conselleiro un “compromiso real para capitalizar con recursos humanos  a Atención primaria”, o resto é “un brinde ao sol e seguir beneficiando a empresas privadas”