O condutor dun camión para a recollida do lixo resultou falecido esta madrugada despois de envorcar o vehículo que manexaba na rotonda de Lonzas, na Coruña.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 4:30 horas de hoxe mediante as chamadas de alerta de varios veciños que viron envorcar o camión e pedían axuda para o condutor, atrapado debaixo do vehículo.
Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos servizos sanitarios de urxencia, Policía Local e aos Bombeiros da Coruña, que enviaron ao punto dúas dotacións co obxectivo de liberar á vítima. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do home.
Tamén foi necesaria a utilización dun guinastre para a retirada do vehículo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.