Morren máis de cincocentos animais despois de orixinarse un incendio nunha granxa en Xunqueira de Espadanedo

Publicado por o día 26/08/2020 na sección de Sucesos

Morren máis de cincocentos animais despois de orixinarse un incendio nunha granxa en Xunqueira de Espadanedo

Un incendio declarado no interior dunha granxa situada no lugar de Reconco, en Xunqueira de Espadanedo, deixou preto de cincocentos animais mortos que, no momento de orixinarse o incendio, atopábanse nun módulo da nave que rematou calcinado por completo. Ademais, as lapas afectaron á instalación eléctrica e a estrutura da explotación.

Os feitos sucederon ao fío das 2:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maceda e de Xunqueira de Espadanedo e dos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia informouse da situación a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do lume finalizaron ao redor das 4:00 horas.

Incendio nun galpón en Xinzo de Limia

Por outra banda, un incendio provocou danos no interior dun galpón na rúa Emilia Pardo Bazán, en Xinzo de Limia. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume queimou diversos aveños e roupa.

Foi unha persoa particular quen alertou do incendio ao 112 Galicia ás 23:50 horas da pasada noite.

Nada máis ter coñecemento, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Xinzo de Limia, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.