Morren tres persoas con covid-19 nunha xornada con menor incidencia do virus

Nas últimas 24 horas confírmanse 301 novos contaxios
Publicado por o día 12/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia

Morren tres persoas con covid-19 nunha xornada con menor incidencia do virus

Sanidade informa da morte de tres persoas en Galicia diagnosticadas con covid-19. Son un home de 88 anos que permanecía ingresado do Complexo Hospitalario de Vigo, unha muller de 95 anos no hospital de Ferrol e un home de 93 anos que estaba no hospital de Pontevedra e que procedía da residencia Soremay. Así, os falecidos pola covid-19 con estes tres falecementos nas últimas horas son 1.306.

O Sergas notifica 301 novos positivos de covid-19 diagnosticados por PCR con datos recollidos ata as 18:00 horas do venres. Son 23 menos que na xornada precedente, aínda que se fixeron 182 probas PCR máis, con 7.653. A porcentaxe de positividade sitúase no 3,44 por cento, por baixo do 5 por cento que marca a OMS para falar dun control do virus, se a cifra se mantén por baixo dese dato.

Soben en tres os ingresos nas UCI, de 51 a 54, co que se apunta á segunda suba consecutiva cun estancamento no medio cento de ingresados. As hospitalizacións en planta redúcense en 11 respecto do día anterior ata as 298. Encadean baixadas desde o 9 de decembro.

O número de casos activos segue o camiño de redución, con 154 enfermos menos: 5.530, co que Galicia segue en cifras de finais de outubro.

Situación por áreas sanitarias

Os casos activos da enfermidade baixan nas áreas da Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo, mentres soben nas de Ourense, Pontevedra e Santiago.

Na Coruña son 1.017 as persoas coa infección activa e 43 os positivos detectados por PCR nas últimas 24 horas. En Ferrol son 547 os casos e 28 os positivos. Na área de Lugo son 545 os activos co virus e 18 os novos contaxios. En Ourense son 403 os casos con 30 diagnósticos novos con PCR. En Pontevedra son 851 as persoas coa infección activa e 58 os contaxios da última xornada. En Santiago son 852 casos activos e 72 os novos contaxios detectados e na de Vigo son 1.315 casos e 52, cunha redución á metade sobre a xornada anterior, os contaxios novos. 

Comentar noticia

Your email address will not be published.