Mortalidade de peixes no río dos Muíños (Barbadás)

Publicado por o día 30/07/2020 na sección de Medio Ambiente,Social,Sucesos,Verdegaia

Mortalidade de peixes no río dos Muíños (Barbadás)

Durante a semana pasada produciuse un episodio de gran mortalidade de peixes no río dos Muíños, situado no concello de Barbadás (Ourense).

Todo parece indicar que esta situación ten a súa orixe nalgún tipo de vertido incontrolado.

Verdegaia vén de presentar denuncia dos feitos ante o SEPRONA.

Cónstanos que non é a primeira vez que se produce algo semellante, polo que consideramos que é necesario aclarar a orixe do problema e ver de atallalo.

Na nosa denuncia solicitamos que o SEPRONA leve a cabo as investigacións e análises pertinentes, de cara a determinar a orixe do vertido e establecer a responsabilidade do mesmo. Este tipo de episodios non deben repetirse, e as autoridades deben tomar as medidas necesarias para evitalo.

Cómpre lembrar que o río dos Muíños e un afluente do Barbaña, de modo que se existe un episodio de contaminación tan forte, pódese concluír que esta rematará chegando ata o río Barbaña, que, lembremos, é á súa vez afluente do Miño.

Comentar noticia

Your email address will not be published.