Mos acometerá en 2021 importantes melloras en instalacións e equipamentos deportivos grazas ao apoio da Xunta

A Secretaría Xeral para o Deporte asumirá a dotación de equipamento deportivo para o Pavillón Óscar Pereiro e para os campos de fútbol municipais de Cototorrón e As Baloutas, e reformará dúas pistas deportivas exteriores
Publicado por o día 12/12/2020 na sección de Galicia,Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na Casa do Deporte en Vigo; onde acordaron importantes melloras para o Concello de Mos en materia deportiva de cara ao ano que ven.

Lete acordou coa rexedora local mosense que a Xunta de Galicia asumirá en 2021 a dotación de equipamento deportivo para o Pavillón Óscar Pereiro, tanto Piscina Municipal como ximnasio, e para os campos de fútbol municipais de Cototorrón e As Baloutas, do Club Louro Tameiga e Unión Deportiva Mos, respectivamente.

Ademais, entre as melloras previstas para o vindeiro ano, atópase tamén a reforma das pistas deportivas exteriores de San Eleuterio na parroquia de Tameiga e San Rafael en Pereiras.

Deste xeito Concello de Mos e Xunta de Galicia continúan a demostrar o seu “apoio ao deporte local, apostando pola optimización e mellora de instalacións deportivas, así como pola ampliación do equipamento deportivo nas mesmas”, tal e como expresaban a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, tras a súa xuntanza desta mañá.

Comentar noticia

Your email address will not be published.