Mos aposta forte polos musicais infantís na súa programación de “Ocio en Familia”

Arranca con “Luna On Beat” o vindeiro 14 de outubro no Centro Dotacional de Torroso.
Publicado por o día 21/09/2018 na sección de Galicia,Mos

Mos aposta forte polos musicais infantís na súa programación de “Ocio en Familia”

A mañá de onte a Alcaldesa de Mos, Nidia Mª Arévalo e a Concelleira de Participación, Julia Loureiro fixeron a presentación do espectáculo musical “Luna” co que arrancan a programación de “Ocio en Familia”.


Nesta programación destácase a incorporación de tres musicais, “Luna On Beat, Sobre Ruedas” no mes de outubro, “El Rey León: De Simba a Kiara”, no mes de decembro e “SUPERCALIFRAGILISTICO – El Musical”, no mes de xaneiro, que chegará coa intención de homenaxear a Mary Poppins no S.XXI.

“Con estes musicais, preténdese dar máis calidade e variedade a programación coa que chegamos as familias cada ano no noso municipio, expón a concelleira de participación cidadá Julia Loureiro”.

O concerto “Luna On Beat, Sobre Ruedas”, é un musical para os nenos e nenas baseado na famosa serie de Disney Channel.
A través de 17 temas, cóntase o complicado que é ser adolescente. O show musical inclúe cancións pegadizas, unha máxica posta en escena e grandiosos números de baile. Os temas tratados por estas tocan moitas das complicacións que viven os adolescentes no seu día a día, como o bulling, o primeiro amor ou as relacións cos pais.
Este musical ven da man da compañía “MoitaMerda Promocións”.
Para esta actividade xa están a venda as entradas ao prezo de 10 €, no Auditorio Dotacional de Torroso, que será donde se fará a representación o vindeiro 14 de outubro as 18.00 h.