Mos asina un pacto para converterse nun Concello pioneiro en igualdade

Trátase dunha política transversal baseada no compromiso municipal coa Xunta de Galicia de que todas a iniciativas organizadas incluirán dúas liñas formativas: en igualdade e en prevención da violencia de xénero
Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Mos

Mos asina un pacto para converterse nun Concello pioneiro en igualdade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, nunha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou fai uns días co goberno de Galicia.

O principal obxecto do encontro foi formalizar unha nova política transversal que inclúe á administración local e á Xunta de Galicia, neste casoen materia de igualdade. Trátase dun pacto polo que o Concello de Mos se compromete a incluír a concienciación igualitaria en dúas liñas: prevención da violencia de xénero e igualdade, en todas e cada unha das iniciativas e actividades municipais organizadas, tanto en materia de formación e emprego, como musicais, culturais, de ocio, deportivas…; así como tamén facelas extensivas á comunidade educativa achegándoas a profesorado, alumnado e familias; e ao voluntariado mosense: Protección Civil, Mos Axuda, Voluntariado Xuvenil, Voluntariado Social (de acompañamento a persoas maiores usuarias do departamento municipal de Política Social) e ao Grupo de Voluntariado Medioambiental que se atopa en proceso de creación.

“Deste xeito pretendemos que o Concello de Mos se convirta nun municipio pioneiro en materia de igualdade”, destacaron alcaldesa e concelleira.

Outros dos temas tratados por Arévalo e Cebreiro coa representante autonómica foron algunhas necesidades do Concello de Mos en materia de igualdade entre as que se atopan dar continuidade a programas municipais de participación feminina dos que xa se realizaron anteriores edicións, seguir a potenciar e mellorar o CIM (Centro de Información á Muller de Mos), perfilar diferentes programas en materia de prevención da violencia de xénero que se porán en marcha a partir do vindeiro mes de setembro; e concretar actividades para mulleres de Mos, que se celebrarán tamén a partir de setembro.

Entre ditas actividades atoparase a segunda edición da viaxe ás Illas Cíes para mulleres, dando resposta á clamorosa demanda da poboación feminina mosense, xa que o ano pasado a saída tivo unha espectacular acollida e un incrible éxito de afluencia, agotándose en poucos días as 400 prazas ofertadas.

Ademais as representantes municipais e a Secretaria Xeral, Susana López Abella, anunciaron a realización durante o mes que ven dunha iniciativa gratuíta para mulleres consistente nun curso de formación para o autocoñecemento para o bo trato. Impartirase no Multiusos das Pozas en horario de 09.30 horas a 13.30 horas todos os luns, martes e xoves de setembro a partir do día 2 do vindeiro mes.

As interesadas en inscribirse para participar poden facelo dende xa e durante todo o mes de agosto no CIM de Mos. A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia financia este programa cunha aportación económica de 8.000 euros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.